20 nov 2011

OS CELOS INFANTILES

Os celos, son un estado afectivo caracterizado polo medo a perder ou ver reducidos o
 cariño e a atención dun ser querido.
Os celos soen aparecer a partir do ano e medio de idade pero poden prolongarse.
Na familia, a rivalidade entre irmáns por conseguir o afecto e a atención dos
pais é principalmente o primeiro motivo de celos.

13 oct 2011



A OBEDIENCIA DOS FILLOS

Obedecer parece sinxelo. O natural é que os fillos obedezan aos pais. Porén, cantas veces escoitamos: “O meu fillo non me fai caso! Teño que repetirlle as  cousas mil veces!
Noutras ocasións vemos a familias nas que todo xira ao redor dos nenos, neste caso, tampouco os rapaces fan o que se lles manda, senón, incluso acontece ao revés, son os pais os que acaban facendo o que din os fillos.

Para que predomine un bó clima familiar, para que os nenos se convirtan en adultos responsables e respectuosos cara ós demais, é preciso que obedezan aos seus pais e acepten as regras de convivencia marcadas na familia.

25 sept 2011

HÁBITOS DE ESTUDO

Xa postos en marcha, neste inicio de curso, gustaríanos recordar algúns aspectos relativos aos hábitos de estudo. 
Estes consellos, xa coñecidos por moitos de vós, son moito máis importantes  do que ás veces pensamos.  Convértense nun arma eficaz e imprescindible para superar sen problemas o curso . Do mesmo xeito establece costumes que ao longo da vida escolar do alumno serán fundamentais para o éxito nos estudos.




Deste xeito, aí van algunhas recomendacións:

20 sept 2011

COMEZAMOS A VIAXE

Ola a tod@s:
Hoxe comezamos a nosa viaxe ao longo deste mundo virtual. O noso obxectivo non é nin máis nin menos que establecer outra canle máis de comunicación entre o noso cole e o resto da comunidade educativa.