20 sept 2011

COMEZAMOS A VIAXE

Ola a tod@s:
Hoxe comezamos a nosa viaxe ao longo deste mundo virtual. O noso obxectivo non é nin máis nin menos que establecer outra canle máis de comunicación entre o noso cole e o resto da comunidade educativa. 

Aquí vai ter oco todo tipo de traballo, información, consellos,... que dende o Departamento de Orientación pensemos pode ser de interese para todos os que estamos nesta viaxe. Por suposto agardamos que a información  funcione en ámbolos dous sentidos, ida e volta, de maneira que nos enriquezan mutuamente.
Agardamos, pois, a vosa colaboración.
Imos aló!!! O autobús está en marcha!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario