25 sept 2011

HÁBITOS DE ESTUDO

Xa postos en marcha, neste inicio de curso, gustaríanos recordar algúns aspectos relativos aos hábitos de estudo. 
Estes consellos, xa coñecidos por moitos de vós, son moito máis importantes  do que ás veces pensamos.  Convértense nun arma eficaz e imprescindible para superar sen problemas o curso . Do mesmo xeito establece costumes que ao longo da vida escolar do alumno serán fundamentais para o éxito nos estudos.




Deste xeito, aí van algunhas recomendacións:


1º. Os estudos son responsabilidade do seu fillo ou filla.
É básico que lle transmitan esta idea aos seus fillos teñan a idade que teñan: os estudos son a súa responsabilidade. Os pais non poden asumir o protagonismo principal.

2º. É unha actividade máis da súa vida.
O estudo en casa non é unha actividade ocasional para os días nos que teñen deberes ou exames. É unha actividade máis que debe estar integrada no seu horario, como o está o tempo libre, as comidas ou o descanso. Aínda que non teñan deberes deben dedicarlle diariamente tempo ás materias.

3º. Axúdelle a elaborar un horario da tarde.
O mozo ou a moza debe elaborar o seu propio horario da tarde (como o da mañá). Neste horario estará incluído un tempo diario de dedicación aos estudos. Se o seu fillo é pequeno axudaralle a elaboralo. Se é maior, debería elaboralo el mesmo, aínda que os pais supervisaredes as condicións sinaladas.

4º. Que estude sen distraccións.
O estudo e o traballo escolar require concentración. Debe facelo sen distraccións. Facelo vendo a televisión, co computador ou o teléfono móbil aceso, diminuirá a atención e é unha situación de risco para perder o tempo: se se estuda, estúdase. Para iso, hase de habilitar un lugar na casa  con boa iluminación, ben ventilado e sobre todo silencioso.

5º. Ambiente familiar tranquilo.
O ambiente familiar e do fogar tranquilo contribúe á concentración. Un ambiente demasiado estresante, con berros, sensación de desorde e caos, non anima a sentar tranquilamente a traballar as materias.

6º. Supervisar e animar.
O rol dos pais debería ser de supervisión de que se está aproveitando o tempo e cumprindo os horarios acordados e sobre todo de ánimo. É máis efectivo sorprendelo estudando, eloxialo e animalo que estar constantemente chamándolle a atención porque perde o tempo

7º. Prestarlle axuda.
Os pais poden axudarlle nas tarefas ou estudo puntualmente e nalgún aspecto. Para evitar continuas interrupcións poden dicirlle que deixe as dúbidas para o final.

8º. Manter contacto co colexio.
Os pais deben manter unha entrevista co titor ou titora do seu fillo sobre a marcha no colexio ou instituto, como mínimo unha vez ao trimestre . Isto aínda que o mozo ou a moza non presente ningunha dificultade. Se hai calquera tipo de problema aumentarán a frecuencia de contactos.

9º. Adoptar medidas se non estuda.
Se o seu fillo ou filla non estuda ou non está cumprindo o pactado respecto dos estudos teñen que adoptar medidas. En moitos casos é efectivo supeditar o uso de actividades que lle gustan ao cumprimento nos estudos: por exemplo, o uso de videoxogos, o computador ou o teléfono móbil.

10º. Proporcionarlle axuda se ten dificultades.
Se o seu fillo ou filla ten dificultades de aprendizaxe, deben comentalo cos mestres e buscar as axudas e adaptacións necesarias. Tamén poden consultar cos educadores de que xeito pódeselle axudar en casa dun xeito máis específico.

Hábitos de estudo
Para rematar, facilitámoslles unha ligazón a un test da páxina WWW.PULEVASALUD.COM  que trata sobre os hábitos e técnicas de estudo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario