13 oct 2011



A OBEDIENCIA DOS FILLOS

Obedecer parece sinxelo. O natural é que os fillos obedezan aos pais. Porén, cantas veces escoitamos: “O meu fillo non me fai caso! Teño que repetirlle as  cousas mil veces!
Noutras ocasións vemos a familias nas que todo xira ao redor dos nenos, neste caso, tampouco os rapaces fan o que se lles manda, senón, incluso acontece ao revés, son os pais os que acaban facendo o que din os fillos.

Para que predomine un bó clima familiar, para que os nenos se convirtan en adultos responsables e respectuosos cara ós demais, é preciso que obedezan aos seus pais e acepten as regras de convivencia marcadas na familia.


Pero,… Por que non fan caso?

As razóns máis habituais son:

      Non comprenden as ordes.
      Dánselle moitas ordes seguidas.
      As ordes non se dan con claridade.
      Non hai normas claras. Uns días permíteselle facer algo e outro día está prohibido.
      Pero sobre todo, a maioría das veces están afeitos a desobedecer sen que haxa consecuencias , a saírse sempre coa súa, dunha maneira ou doutra.

Como conseguir que obedezan?

1.- Establecendo normas claras e precisas, e indicárllelas, a ser posible, de unha en unha.
2.- Dar as ordes con seguridade e contundencia, mirando ao nen@ á cara e asegurándonos de que nos está escoitando e entendendo.
3.- Prestándolle atención cando cumpre as normas e obedece.


Que facer si desobedece?

1.- Chamarlle a atención un máximo de tres veces, numerándollas ao dicirllas. Na primeira vez recordámoslle a orde; na segunda volvémolo facer con máis rotundidade e na terceira anticipámoslle as consecuencias se non obedece. Non marcaremos consecuencias desproporcionadas que logo non sexamos capaces de aplicar.
2.- Obligalo.
3.- Reprimenda breve e contundente, recordándolle a norma.
4.- Retirarlle privilexios, por exemplo, un xoguete ou unha actividade que lle guste. O tempo de retirada debe ser breve, unha hora en nenos pequenos ou unha tarde en nenos maiores.
5.- Ser coherentes e firmes.
6.- Os nenos deben recibir a mesma mensaxe do pai e da nai; se non comparten a norma ou castigo, en ningún caso amosalo diante do nen@.

No hay comentarios:

Publicar un comentario