20 nov 2011

OS CELOS INFANTILES

Os celos, son un estado afectivo caracterizado polo medo a perder ou ver reducidos o
 cariño e a atención dun ser querido.
Os celos soen aparecer a partir do ano e medio de idade pero poden prolongarse.
Na familia, a rivalidade entre irmáns por conseguir o afecto e a atención dos
pais é principalmente o primeiro motivo de celos.
As causas máis habituais que provocan este sentimento poden ser:
a) Os privilexios que se otorgan fillos segundo o lugar que ocupan na familia: o primer 
fillo, ao estar acostumbrado a ser o único e recibir o afecto e atención dos pais e familia-
res, pódese sentir desplazado cando aparece un irmán co que debe compartir esa 
atención e afectos

En ocasións, o irmán menor se sinte menos priviliexado por non ter as concesións que os 
pais fan ao maior. Os irmáns que ocupan lugares intermedios na orde de idade, soen sentirse
en segundo plano e buscan con máis insistencia amistades fóra do ámbito familiar.
 b) O nacemento dun irmán: o recén nacido require dunha serie de coidados e atención 
 que fai perder ao maior, parte das atencións que se lle dedicaban a el.
 c) Os favoritismos e preferencias dos pais: 
 as veces, os pais manifestan preferencias por un dos fillos, o que crea celos nos outros. 
  En ocasións, coa chegada dun fillo de sexo diferente, os pais tenden a manifestar unha 
 gran satisfacción, polo que o irmán sentirase desplazado.
 d) A excesiva dependencia ou necesidade dun dos pais por parte do neno
 normalmente da nai, o que desencadena celos cara ó outro proxenitor por consideralo 
 rival.
 e) As características distintivas dos irmáns: se hai dificultades físicas, intelec-
tuais, de personalidade nun dos irmáns, os demáis poden sentirse menos atendidos e apa-
recer conductas celosas. E ao contrario, se no fogar hai un irmán que destaca polas 
súas capacidades, habilidades, simpatía… os familiares, veciños e amigos o supervalo-
ran, sentíndose relegados os demáis irmáns.
O neno/a celoso pode mostrar un ou varias conductas, que explicitamos a continuación:

- Signos de infelicidade e/ou frustración: choro frecuente e sen motivo aparente, 
momentos de tristeza, preguntas alusivas a si se lle quere ou non.
- Negativismo: responder cun NO, a propostas que antes aceptaba, ás veces sin escoitar
o que se lle expón e/ou pide.
- Cambios no desenvolvemento da linguaxe: o neno  expresase cunha fala infantil 
imitando a linguaxe do pequeno, repetición de frases e palabras, tartamudeo…
- Escaso apetito: come menos que antes e négase a probar alimentos que antes pedía.
- Sono irregular: en xeral pide ir á cama dos pais, ou solicita compañía na súa, 
chamando frecuentemente a un adulto.
- Cambio de estado de ánimo sen causa aparente: pasa da tranquilidade á intranqui-
lidade, da alegría á tristeza, da actividade á inactividade.
- En casos extremos poden aparecer manifestacións de tipo orgánicovómitos, 
anorexia, mareos, terrores nocturnos, insomnio etc.
- En ocasións adoptan conductas desafiantes cara os pais, familiares e profesores,
menosprecian aos compañeiros, aíslanse socialmente, mostran probas de afecto esaxeradas...
¿Que facer para evitar a aparición e/ou mantemento de conductas 
celosas dentro da familia?
Evitar na medida do posible:
- Os gritos e as descalificacións.
- As atencións e dedicacións excesivas.
- Os privilexios a uns fillos frente a outros.
- Comparacións entre os diferentes fillos.
- Atencións e recompensas ao "chivato".
- Comentarios de veciños, amigos e familiares facendo comparacións dos vosos fillos
- Que o fillo maior deba asumir en todo momento a responsabilidade do coidado do 
irmán menor.
- A competitividade entre irmáns.
E procurar realizar as conductas que se expoñen a continuación:
- Fomentar a cooperación entre os irmáns (nas tarefas da casa, nos xogos…).
- Observar e reflexionar sobre ás conductas celosas dos nosos fillos e reaccionar 
sen darlles excesiva importancia.
- Tratar con afecto e atención frecuentes aos fillos para que perciban que son queridos.
- Favorecer o xogo con todos os fillos(para lograr unha maior armonía entre os irmáns).
- Promover un clima de sosiego e tranquilidade.
- Analizar as posibles causas dos celos e propoñer distintas solucións.
- Educar aos fillos no control das súas emocións: aprender a soportar pequeñas 
frustracións.
- Respetar a autoridade dos pais e admitir os límites establecidos na 
familia. É dicir, conseguir que se acepten as normas de casa de forma democrática.
- Estimular aos fillos para que expresen o que sinten con liberdade e que compartan 
tristezas e alegrías.

No hay comentarios:

Publicar un comentario