22 jun 2012

A chegada das notas....


CANDO CHEGAN AS NOTAS…


Os premios e os castigos son habituais en moitas familias. Os pais e nais confian que lles sirvan para que os seus fillos acaden bos resultados escolares, porén, os expertos sinalan que iso non é así.

Os premios e os castigos só se deben empregar en casos puntuais e non coma norma xeral. Non poden constituir unha chantaxe ou ameaza. Empregar de xeito habitual premios e castigos para motivar aos alumnos só consegue que o neno se interese polos resultados e non pola importancia de aprender e a satisfacción que xenera acadar un traballo ben feito.


O ideal é que o neno descubra satisfaccións nas aprendizaxes que lle goste saber, descubrir, aprender…
O profesor Ramón Casals autor da obra “ Prevenir el fracaso escolar desde casa” sinala que só nalgunhas ocasións, os premios poden servir para acadar pequenas metas, “si lle costa moito unha materia e fai un esforzo especial para superala pódeselle plantexar un pequeño premio se mellora pero a promesa de premio, non debe se-la norma senón a excepción”.
O mellor premio sempre serán os resultados e a satisfacción de acadar unha meta.
Do mesmo xeito, ante un suspenso ou unha noa baixa, un castigo debe ir encamiñado a corrixir os erros. É máis positivo animar ó neno, preocuparse por él e sobre todo tomar medidas orientadas a solucionar o problema, que castigar e non facer nada máis.

Pero,... cómo actuar ante os suspensos?


  • O primeiro é buscar as causas destas calificacións. Para iso hai que falar cos mestres pero tamén co neno.
  • Pedir recomendacións e pautas na escola para axudar ao rapaz.
  • No caso de impoñer un castigo debe existir acordo entre os dous proxenitores e ter claro que o obxectivo do mesmo é que o neno adquira responsabilidade e que entenda que os seus actos sempre teñen consecuencias.
Para iso é importante darlle responsabilidades na casa. A experiencia amosa que os alumnos que colaboran en determinadas tarefas normalmente teñen máis éxito nos estudos que aqueles quen non o fan.
  • Ensinarlle a organizar o seu tempo.
  • Establecer un horario e un lugar para o traballo diario na casa.
  • Facilitarlle técnicas de estudo: subliñado, resúmos…
  • Motivalo mediante mensaxes positivos. É fundamental que o neno vexa aos seus pais interesados polos temas que están a estudiar e non só polos resultados.

Qué non se debe facer?

  • Ameazar e castigar sin sentido.
  • Esquecerse do tema ata as seguintes notas.
  • Humillalo: “non serves para nada”, “eres un vago”…
  • Comparalo desfavorablemente cos irmáns ou amigos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario