19 dic 2012

CONSELLOS PARA ESCOLLER OS AGASALLOS NO NADAL



Agora que estamos cerca das festas do nadal, é importante que non nos deixemos levar polo consumismo e que trasmitamos aos Reis Magos os seguintes consellos sobre os XOGUETES:

 
     3 REGRAS DE OURO
·        Deben ser sinxelos e facilmente manipulables
·        Deben ser seguros
·        Deben adaptarse á idade e capacidade do neno, non deben ser nin demasiado complicados nin demasiado sinxelos. Non anticipemos experiencias de xogo porque impide que o neno/a aproveite ao máximo as súas aportacións.
 
PAUTAS A TER EN CONTA
·        É importante que os nenos e nenas dispoñan de variedade no tipo de xoguete.
·        Hai que garantirlle un tempo para xogar. Tamén é importante que xoguemos con eles.
·        Debemos ensinarlle aos nenos e nenas a utilizar os xoguetes.
·        Xogar con outros nenos e nenas favorece o seu desenvolvemento e socialización.
·        Aprender a crear os seus propios xoguetes potencia a creatividade.
·        Os xoguetes que banalizan a violencia deben suprimirse. Evitaremos que vexan a violencia como algo natural.
·        Non debemos saturar aos nenos e nenas con xoguetes nin intentar suplir o afecto como pais con eles.
·        Hai que mirar ben o envase e o etiquetado á hora de comprar, fixándonos nas advertencias relacionadas coa seguridade ou as condicións de uso.

ALGUNHAS RECOMENDACIÓNS:
 
XOGUETES PARA NENOS E NENAS DE 3 A 5 ANOS
 
·        Xoguetes para o xogo simbólico: xogos de imitación como cociñas, vehículos, carpinteiros, tendas, médicos, etc. que permiten inventar, imaxinar ou reproducir situacións da vida cotiá. Desenvolven a sociabilidade e a afectividade.

o   Cociniñas
o   Disfraces
o    Lotos de fotografías
o    Bonecas

·        Xoguetes para o xogo físico: desenvolven a precisión e a coordinación dos movementos.

o         Pelotas
o         Triciclos
o   Cordas, zancos,...
o   Xoguetes para a auga

·        Xoguetes manipulativos: permiten ao neno/a inventar, imaxinar, así como o movemento cada vez máis preciso dos dedos.
o       Bloques para construccións
o       Elementos para facer colares
o       Maletíns de manualidades
o       Instrumentos musicais
·        Xoguetes para os xogos de regras:

o       Pelotas
o       Dianas
o Dominós infantís
o Bingos de cores

o       Xogos de mesa
·        Xoguetes educativos: desenvolven as capacidades de reflexión, memorización, establecemento de relacións lóxicas, etc.

o       Crebacabezas
o       Regretas
o       Bloques lóxicos
o       Contos
o       Diccionarios de imaxes


XOGUETES PARA OS NENOS DE 6-8 ANOS
·        Xogos de regras:
o      Xogos de mesa: dominó, damas, oca, etc.
o      Quen é quen
o      Xogos de cartas
o      Xogos de letras
·        Xogos físicos: desenvolven a precisión e a coordinación motora.

o      Balóns
o      Bicicleta
o      Raquetas
o      Patíns

·        Xogos manipulativos: permiten ao neno/a inventar, imaxinar, así como o movemento cada vez máis preciso dos dedos.
o      Caixa de ferramentas
o      Instrumentos musicais
o      Maletíns de pintura
o      Xogos de costura
 
·        Xogo simbólico: xogos de imitación como cociñas, vehículos, carpinteiros, tendas, médicos, etc. Desenvolven a sociabilidade e a afectividade.
o      Lotos de transportes e animais
o      Bonecos e bonecas
o      Xogos de médicos, gasolineira, mercado, etc.
 
·        Xoguetes educativos: desenvolven as capacidades de reflexión, memorización, establecemento de relacións lóxicas, etc.
o       Libros
o       Prismáticos
o       Xogos de experimentos
o       Crebacabezas máis complexos
o       Pasatempos sinxelos: sopas de letras, sudokus.

AGARDAMOS QUE ESTAS RECOMENDACIÓS SEXAN DO VOSO INTERESE.
SAÚDOS E FELICES FESTAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario