22 jun 2012

A chegada das notas....


CANDO CHEGAN AS NOTAS…


Os premios e os castigos son habituais en moitas familias. Os pais e nais confian que lles sirvan para que os seus fillos acaden bos resultados escolares, porén, os expertos sinalan que iso non é así.

Os premios e os castigos só se deben empregar en casos puntuais e non coma norma xeral. Non poden constituir unha chantaxe ou ameaza. Empregar de xeito habitual premios e castigos para motivar aos alumnos só consegue que o neno se interese polos resultados e non pola importancia de aprender e a satisfacción que xenera acadar un traballo ben feito.