O venres pasado tivemos a sorte de contar con Bea, unha moza xorda que nos contou o que senten as persoas xordas. Contounos a súa vida cotiá, as barreiras de comunicación á que se enfrentan, ...
Primeiro estivo cos nenos e nenas de 3º e 4,º e algúns ata tomaron boa nota do que contaba...
Dixo que cada persoa xorda ten un signo característico da súa personalidade e que o de ela é un xesto simulando xogar co pelo, pois cando era pequena no cole sempre estaba a enredar nel.
Explicou o día a día de calquer neno que non escoita. Como creedes que se despertan?? Cun despertador que ten luz ou vibración, pois si solo soa non se enteran... Unha luz potente sí que os espabila!!
as palabras nas mans.
Todo isto contounos e moitas cousas máis. Ao final puxo un vídeo:" El sueño de Pedro", no que puidemos ver como Pedro loitaba coas barreiras de comunicación.
E regalounos unha copia de dactiloloxía (debuxos das letras coas mans) e dos signos da semana.
Agardamos que todos e todas podamos, algún día, superar todas as barreiras...