29 ene 2014

SUXERENCIAS PARA MELLORAR A LECTURA



A lectura é unha actividade que está presente en case todas  (por non dicir  todas) as actividades escolares, polo que sobra destacar a súa grande importancia; se non se adquire ben comezan as dificultades en outras áreas e chega a desmotivación, o fracaso...

Na escola comézase a adquirir esta ferramenta xa en Educación Infantil e vaise afianzando en Primaria. No 1º ciclo de EP tódolos nenos e nenas sen dificultades deberían ter adquirida a lectoescritura.

Non hai que esquecer que é un proceso complicado (hai que ter dominnadas unha serie de variables para enfrontarse con éxito á súa aprendizaxe: unha boa discriminación auditiva, boa memoria, capacidade de abstracción, atención, perseverancia) e que algúns nenos e nenas o adquiren antes que outros (cada neno/a é diferente), polo que algúns necesitan máis tempo que outros, o cal non significa que o van interiorizar mellor ou peor.

No cole  utilizamos a cotío esta ferramenta, e no primeiro ciclo o que se persigue é que os nenos e nenas, ademáis de ler entendan  o que len e o fagan cunha velocidade e entonación axeitadas.

Cómo podedes axudar dende casa a acadar este obxectivo?????

O fundamental é:
Ø      DAR Á LECTURA A IMPORTANCIA QUE TEN (É DICIR, MOITA),
Ø      ASOCIAR LECTURA CON MOMENTO DE PLACER E DIVERSIÓN (que vexan que nos gusta e non utilizala como castigo).
Ø      BUSCAR MOMENTOS DE TRANQUILIDADE PARA FACELO (sin tele nin nada que distraia; un momento excelente é antes de durmir, podemos estar con eles nese momento tan especial lendo nos e/ou eles…).

Motivar sempre aos nenos e nenas. Se vemos que non len coa rapidez e entonación axeitados NUNCA dicirlles que o fan mal, de que sirve??  O que debemos é dicirlle que seguro que practicando un pouquiño tódolos días mellora.

É importante tamén ler nos, deste xeito eles teñen un modelo, lerlles contos, pode ser o mesmo moitas veces, a eles lles gusta. Cando lles leamos un conto procuremos facelo facendo teatro: pondo voces diferentes, entonando máis alto nas exclamacións,…

Falar logo sobre o que leimos, pero sin facer preguntas coma se fora un interrogatorio, se non intercambiando pareceres cual tertulia literaria…

Ler todo tipo de literatura, dende os cromos de Pokémon ata invitacións de cumple… E adaptar o tipo de lectura ao neno ou nena, se aínda non sabe ler moi ben contos moi cortiños.

Por suposto aproveitar as lecturas que levan da BIBLIOTECA do cole e interesarse polo que traen: “hoxe tocábache biblioteca, non?, que libros trouxeches?” Tamén podemos coller libros na biblioteca do concello.

Agasalládelles contos, libros,... no cumple, que pidan algún libro aos reis magos….


Algunha actividade concreta que pode ser divertida e podemos levar a cabo para mellorar a lectura

Cronolectura: Consiste en elixir un texto adaptado ao neno ou nena e ler durante un minuto; poñemos unha marca onde quedamos; ao día seguinte lemos de novo o mesmo durante un minuto e marcamos; así sempre ata que vexan que practicando se mellora.

Identificación rápida: Pedirlle que busque unha determinada palabra ou palabras nun texto previamente preparado o máis rápidamente posible.

Lectura entre dous (ou máis): por exemplo, cun cómic o neno ou nena fai dun persoaxe e outro familiar de outro.

Preparar lecturas: Dicirlle  que cando chegue papá, mamá, a avoa,… imos ler un texto que prepararemos antes e así “flipen” do ven que lemos (isto fará que sinta o ben que se atopa un cando le ben).

Que eles nos pregunten: Faremos que o neno ou nena lea un texto varias veces e o entendan ben. Logo deben preparar un par de preguntas que nos farán a nos para que respostemos logo de ler tamén o texto. Eles nos dirán se a nosa resposta é correcta (podemos equivocarnos a propósito).

Repetir o que lemos nós: Nos lemos unha frase e eles repiten tamén lendo.

……..

E así todas as actividades que se vos ocorran, ou se lles ocorran aos nenos e nenas, pois en imaxinación non hai quen lles gane….

BOAS LECTURAS!!!!!!