a)
Movementos externos:
1) Sacar a lingua o máximo posible e volvela dentro da boca, pechando
esta, en movementos repetidos ó ritmo marcado. Pedirase ao neno/a que ó sacala
molle coa punta do queixo o máis abaixo que poida, para deste xeito, o esforzarse para conseguilo, vaia axilizando a
lingua.
2) Mantendo os beizos relaxados e sen abrir a
boca, asomar tan só o ápice en movementos pequenos e rápidos. Para conseguir
inicialmente a posición da lingua neste exercicio, pedíraselle ó neno que imite
a existencia de tres labios, para conseguir deste xeito que só apareza o borde
da lingua, como si fora un terceiro labio. Podemos guialos coas mans
(dentro-fóra).
3) Sacar a lingua o máximo posible en posición
horizontal, sen tocar os labios nin os dentes e mantela deste xeito inmóbil uns
momentos antes de volvela dentro da boca.
4) Mantendo a boca entreaberta, levar a punta da lingua
dunha comisura labial a outra dun salto (voando), nun movemento
continuado, non permitindo que divida este metendo e sacando a lingua
sucesivamente. Na realización deste exercicio poden
aparecer sincinesias de balanceo de cabeza ou desprazamento da mandíbula
inferior. Neste caso, como en calquera outro no que se dan
movementos asociados, procederase a
suxeitar a zona que move innecesariamente, para lograr a independencia da
lingua.
5) Coa boca aberta, realizar movementos verticais
da lingua, sen suxeitala cos dentes, tocando co ápice o labio superior e
inferior sucesivamente e pedíndolle que se esforce para mollar coa lingua o
beizo superior e o queixo. En principio
o neno tende a realizar o exercicio coa boca lixeiramente entreaberta, porque
deste xeito lle resulta máis doado.
Inicialmente llo aceptaremos, converténdose nun
exercicio do ápice, pero pouco a pouco, hai que pedirlle que o faga cos labios
máis abertos, ata chegar a logralo coa "boca da a", que supón a maior
abertura labial e realizar así un exercicio total da lingua, non só coa punta.
6) Coa boca entreaberta, deslizar a lingua
polo labio inferior, dunha comisura a outra, chupando e mollando o labio,
describindo así semicírculos coa lingua.
7) Coa boca aberta, realizar movementos de xiro da lingua sobre os labios, primeiro
nun senso e logo no contrario. Íraselle marcando o ritmo, sinalando coa man o
aire o círculo a seguir e acompañándoo co apoio verbal, " agora imos para
arriba" ou "agora imos para abaixo".
8) Coa boca lixeiramente aberta, facer movementos
rápidos e pequenos coa punta da lingua, facéndoa entrar e saír golpeando ambos
lados do labio superior, para facilitar a vibración do ápice.
9) Suxeitar a lingua dentro da boca, estando os labios entreabertos, e
dobrala para arriba mantida polos incisivos superiores e desde esta postura
impulsala con forza para fóra.
10) Coa boca medio aberta, sacar un pouco a lingua,
manténdoa ancha e delgada, de maneira que lateralmente toque as comisuras dos
labios, nunha postura de distensión para despois poñela grosa e estreita,
pasando á tensión lingual que se require
para encollela lateralmente. Para facilitar
neno/a a súa execución pódeselle
dicir que a lingua é como de goma ou goma de mascar , que se pode estira ou
encoller.
b)
Movementos internos:
1) Dirixir a lingua ós lados da boca, apoiando a punta na
cara interna das meixelas, imitando que tivera un caramelo na boca que o levara
dun lado a outro.
2) Coa boca aberta, pasar a
punta da lingua polo borde dos incisivos superiores, dándolle notar ó neno cómo estes son
cortantes, para logo ir describindo cada vez un arco maior, que abranga tamén o
borde dos caninos e os premolares, en movementos laterais.
3) Coa boca aberta, realizar
movementos verticais da lingua, tocando co ápice a cara interna dos incisivos
superiores e inferiores.
4) Situar a punta da lingua
entre os incisivos e o labio superior e
inferior sucesivamente. Para
motivar o neno/a, dirémoslle que
imos poñer a boca do mono (metendo a lingua entre as enxivas e os beizos).
5)
Pasar o ápice da lingua.
pola parte interna do labio, sen retirala nin mollalo por fóra, nin chegando a
metela entre labios e dentes, describindo un semicírculo. Primeiro farase tralo
labio interior e logo polo superior.
6) Repetilo o exercicio
anterior, pero agora deslizando a punta da lingua entre os labios e os dentes, primeiro realizando un
semicírculo inferior e logo polo superior.
7) Movemento xiratorio da
lingua, coa punta entre os labios e os dentes, primeiro nun senso e logo no
contrario. Íraselle marcando coa man, para axudarlle, tanto o movemento do xiro como o senso do mesmo.
8) Movementos laterais,
pasando o ápice da lingua pola cara interna da implantación dentaria superior e inferior.
9)
Pasala punta da lingua
polo centro do padal de diante a para
atrás e a inversa, primeiro coa boca lixeiramente aberta e logo pechada,
para que, polas sensacións percibidas, recoñeza o movemento. Para facilitalo,
pedirémoslle ó neno/a que se faga cóxegas coa punta da lingua no padal.
10) Apoiar o ápice da lingua: tralos incisivos superiores e manténdoa
nesta posición, dobrala rexeitándoa cos dentes, quedando vista a cara posterior da lingua.
11) Repetir o exercicio á inversa, apoiando a punta tralos incisivos
inferiores, adiantar a lingua elevando o dorso e dobrala mantida polos dentes,
estando visible neste caso a cara anterior da lingua.
12) Iniciase como o exercicio
anterior, apoiando a punta da lingua tralos incisivos inferiores e a
continuación elevando o dorso da mesma ata contactar co padal, sen mover o
ápice, axilizando deste xeito a lingua para conseguir a postura básica na
realización das articulacións palatais.
13) Coa punta da lingua golpear de forma repetida e rápida os alvéolos
superiores.
14) Golpear de forma rápida a cara anterior e posterior dos incisivos
superiores coa ápice da lingua.