22 oct 2014

RECURSOS PARA UTILIZAR NUNHA TABLET

Este curso imos implantar o uso das TABLETS nas aulas de PT e AL. Este é o proxecto que está incluído no noso Plan de Orientación:

PROXECTO PARA EMPREGO DE TABLETS NAS AULAS DE PT E AL

      As tablets son un tipo de ordenador portátil integrado nunha pantalla táctil coa que se interactúa cos dedos sin precisar rato nin teclado, sendo esta unha das principais vantaxes para o seu emprego nas aula de PT e AL.

  O obxectivo que perseguimos co uso destes dispositivos é a optimización das capacidades do alumnado con necesidade específica de apoio educativo, xa que estes dispositvos:

-  Favorecen a memoria visual, facilitando unha aprendizaxe máis rápida.

-  Melloran a adquisición de coñecementos a través de varias canles.

-  Motivan a aprendizaxe con actividades educativas atractivas de resposta inmediata.

-  Aumentan os niveis de atención do noso alumnado.

-  Permiten a autonomía dos alumnos e alumnas.

-  As repeticións das actividades son máis gratificantes.

Para que ademáis lle poidades sacar o máximo proveito ás tablets dos vosos fillos e fillas, iremos colgando no blog enlaces para descargar xogos, exercicios, actividades, .... interesantes.

E LEMBRADE FACER UN BO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS: BEN USADAS SON UN RECURSO EXCELENTE, MAL UTILIZADAS PODEN DAR RESULTADOS NEFASTOS... 

ENLACES PARA DESCARGAR XOGOS NUNHA TABLET
- Xogo de vocabulario e formación de palabras
http://www.portalprogramas.com/letris-2/android/

3 oct 2014

PAUTAS PARA ESTIMULAR O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE ORAL

Ana, a nosa mestra especialista en Audición e Linguaxe, fai unha serie de recomendacións ás familias dos máis cativos/as para un mellor desenvolvemento da súa linguaxe oral, que é a base dunha boa linguaxe escrita... Aí vos van, agardamos que sexan útiles

Que o teu fillo ou a túa filla pronuncien e articulen ben os sons, depende, en boa medida, de que vós, como nai e pai, ofrezades uns modelos correctos de pronunciación. Dado que o contorno familiar é o ámbito natural para o desenvolvemento da comunicación, é moi importante que conversen moito co/a neno/a.

No control da articulación interveñen decisivamente o oído, a respiración, o sopro e a capacidade de mobilidade dos órganos bucofonatorios (lingua, beizos, padal, ...). A continuación preséntovos unha serie de orientacións para a estimulación da linguaxe dos vosos fillos:

  • Os/As nenos/as aprenden a falar imitando ós adultos por iso é moi importante que usemos sempre unha linguaxe correcta, deste xeito eles tratarán de conseguir ese modelo e pouco a pouco irán perfeccionando a súa fala.

  • Fálenlle ó/á neno/a lento, claro e con pausas, articulando moi ben. Márquenlle con pausas a separación das palabras. Falarlle de forma relaxada, con tempo,…

  • Non darlle demasiados mecos (“mimos”); a sobreprotección atrasa o desenvolvemento xeral, e polo tanto, a linguaxe. Débese fomentar a autonomía, animándoo/a a facer cousas e valorar o que fai aínda que sexa imperfecto.

  • Míreno/a á cara cando lle falen e fagan que tamén el/a os mire. Tamén deben escoitalo/a mirándolle á cara, amosen interese polo que lles ten que contar. Déixeno/a falar pausadamente, non lle metan presa, non falen por el/a.

  • Usar, cando falen co/a neno/a, palabras que sabemos que comprende e frases curtas e sinxelas.

  • Aproveitar as situacións da vida diaria: a comida, o baño, as viaxes no coche, o que fixeron na escola...; repítanlle as palabras do vocabulario propio desa situación e verbalicen o que están a facer en cada momento. Fáganlle preguntas que non se contesten con si ou non, que nos teñan que contar cousas, déixenlle tempo para contestar e se non o fai contestamos por el/a correctamente, ou ampliamos a súa resposta. Logo facemos que el/a o diga alto (ás veces, algunhas cousas que xa é quen de dicir).

  • Non ser excesivamente correctores/as; é mellor facer unha corrección indirecta tratando de que o/a neno/a escoite a palabra correcta. Por exemplo:
- “Hoxe fun ao paque
- Non me digas que fuches ao parque


  • Xogade coa linguaxe:
  • Adiviñar obxectos nomeando sólo algunhas características
  • Lerlle contos, ollar xuntos revistas, sinalar obxectos ou debuxos que aparezan nelas e que diga os seus nomes...
  • Cantar cancións, trabalinguas,...
  • Xogar ao “vexo-vexo”...
  • Imitar sons do ambiente, de animais ou de persoas, ensinarlle de onde proceden e animarlle a imitalos.
  • Xogar a soprar muíños de vento, facer burbullas de xabrón, soprar pitos, inflar globos,...
  • Xogar diante dun espello a facer movementos e acenos coa cara. Por exemplo: facer boca de peixe, dar bicos, relamberse os bigotes, sacar a lingua fóra da boca e intentar subila ata o nariz,...


  • ...

    PARA O DESENVOLVEMENTO DA LINGUAXE É NECESARIO QUE OS ÓRGANOS QUE INTERVEÑEN NELA ESTEAN PREPARADOS: FORTALECER E DAR MAIOR MOVILIDADE A LINGUA, AOS BEIZOS, Á DENTADURA,...

    POR ISTO AHÍ VOS VAN UNHA SERIE DE EXERCICIOS PRÁCTICOS QUE PODEREDES FACER NA CASA COS NENOS E NENAS:



     

    EXERCICIOS DE MOTRICIDADE BUCO-FACIAL:
        
    EXERCICIOS DE LINGUA:

    a)     Movementos externos:

    1) Sacar a lingua o máximo posible e volvela dentro da boca, pechando esta, en movementos repetidos ó ritmo marcado. Pedirase ao neno/a que ó sacala molle coa punta do queixo o máis abaixo que poida, para deste xeito, o  esforzarse para conseguilo, vaia axilizando a lingua.

    2) Mantendo os beizos relaxados e sen abrir a boca, asomar tan só o ápice en movementos pequenos e rápidos. Para conseguir inicialmente a posición da lingua neste exercicio, pedíraselle ó neno que imite a existencia de tres labios, para conseguir deste xeito que só apareza o borde da lingua, como si fora un terceiro labio. Podemos guialos coas mans (dentro-fóra).

    3) Sacar a lingua o máximo posible en posición horizontal, sen tocar os labios nin os dentes e mantela deste xeito inmóbil uns momentos antes de volvela dentro da boca.

    4) Mantendo a boca entreaberta, levar a punta da lingua dunha comisura labial a outra dun salto (voando), nun movemento continuado, non permitindo que divida este metendo e sacando a lingua sucesivamente. Na realización deste exercicio poden aparecer sincinesias de balanceo de cabeza ou desprazamento da mandíbula inferior. Neste caso, como en calquera outro no que se dan movementos asociados,  procederase a suxeitar a zona que move innecesariamente, para lograr a independencia da lingua.

    5) Coa boca aberta, realizar movementos verticais da lingua, sen suxeitala cos dentes, tocando co ápice o labio superior e inferior sucesivamente e pedíndolle que se esforce para mollar coa lingua o beizo superior e o queixo.  En principio o neno tende a realizar o exercicio coa boca lixeiramente entreaberta, porque deste xeito lle  resulta máis  doado. 


    Inicialmente llo aceptaremos, converténdose nun exercicio do ápice, pero pouco a pouco, hai que pedirlle que o faga cos labios máis abertos, ata chegar a logralo coa "boca da a", que supón a maior abertura labial e realizar así un exercicio total da lingua, non só coa punta.

    6) Coa boca entreaberta, deslizar a lingua polo labio inferior, dunha comisura a outra, chupando e mollando o labio, describindo así  semicírculos coa lingua.

    7) Coa boca aberta, realizar movementos  de xiro da lingua sobre os labios, primeiro nun senso e logo no contrario. Íraselle marcando o ritmo, sinalando coa man o aire o círculo a seguir e acompañándoo co apoio verbal, " agora imos para arriba" ou "agora imos para abaixo".

    8) Coa boca lixeiramente aberta, facer movementos rápidos e pequenos coa punta da lingua, facéndoa entrar e saír golpeando ambos lados do labio superior, para facilitar a vibración do ápice.

    9) Suxeitar a lingua dentro da boca, estando os labios entreabertos, e dobrala para arriba mantida polos incisivos superiores e desde esta postura impulsala con forza para fóra.

    10) Coa boca medio aberta, sacar un pouco a lingua, manténdoa ancha e delgada, de maneira que lateralmente toque as comisuras dos labios, nunha postura de distensión para despois poñela grosa e estreita, pasando á  tensión lingual que se require para encollela lateralmente. Para facilitar  neno/a a súa execución  pódeselle dicir que a lingua é como de goma ou goma de mascar , que se pode estira ou encoller.

    b)    Movementos internos:

    1) Dirixir a lingua ós lados da boca, apoiando a punta na cara interna das meixelas, imitando que tivera un caramelo na boca que o levara dun lado a outro.

    2) Coa boca aberta, pasar a punta da lingua polo borde dos incisivos superiores,  dándolle notar ó neno cómo estes son cortantes, para logo ir describindo cada vez un arco maior, que abranga tamén o borde dos caninos e os premolares, en movementos laterais.

    3)  Coa boca aberta, realizar movementos verticais da lingua, tocando co ápice a cara interna dos incisivos superiores e inferiores.

    4)  Situar a punta da lingua entre os incisivos e o labio superior e  inferior  sucesivamente. Para motivar o  neno/a, dirémoslle que imos poñer a boca do mono (metendo a lingua entre as enxivas e os beizos).
    5)       Pasar o ápice da lingua. pola parte interna do labio, sen retirala nin mollalo por fóra, nin chegando a metela entre labios e dentes, describindo un semicírculo. Primeiro farase tralo labio interior e logo polo superior.

    6) Repetilo o exercicio anterior, pero agora deslizando a punta da lingua entre os  labios e os dentes, primeiro realizando un semicírculo inferior e logo polo superior.

    7) Movemento xiratorio da lingua, coa punta entre os labios e os dentes, primeiro nun senso e logo no contrario. Íraselle marcando coa man, para axudarlle, tanto o  movemento do xiro como o senso do mesmo.

    8)   Movementos laterais, pasando o ápice da lingua pola cara interna da implantación  dentaria superior e inferior.

    9)       Pasala punta da lingua polo centro do padal de diante  a para atrás e a inversa, primeiro coa boca lixeiramente aberta e logo pechada, para que, polas sensacións percibidas, recoñeza o movemento. Para facilitalo, pedirémoslle ó  neno/a que se  faga cóxegas coa punta da lingua no padal.

    10)  Apoiar o ápice da lingua: tralos incisivos superiores e manténdoa nesta posición, dobrala rexeitándoa cos dentes, quedando  vista a cara posterior da lingua.

    11)  Repetir o exercicio á inversa, apoiando a punta tralos incisivos inferiores, adiantar a lingua elevando o dorso e dobrala mantida polos dentes, estando visible neste caso a cara anterior da lingua.

    12)  Iniciase como o exercicio anterior, apoiando a punta da lingua tralos incisivos inferiores e a continuación elevando o dorso da mesma ata contactar co padal, sen mover o ápice, axilizando deste xeito a lingua para conseguir a postura básica na realización das articulacións palatais.

    13)  Coa punta da lingua golpear de forma repetida e rápida os alvéolos superiores.

    14)  Golpear de forma rápida a cara anterior e posterior dos incisivos superiores coa ápice da lingua.

       


     Outros exercicios:


    A/ “ Imaxina que na túa casa hai un martelo e cravan cravos , e coa túa lingua é un martelo, con ela debes cravar un cravo nos dentes. Marcámoslle coa man o ritmo do martelo: /ra/, /ra/... e despois facemos igual co resto das vocais.

    B/ Exercicios de sopro:
    q  Soprar sen inflar as meixelas.Despois inflándoas.
    q  Soprar sobre a man forte e suave.
    q  Colocar papeliños sobre unha mesa e pedirlle que lles sopre.
    q  Soprar algodóns , papeis de alumno.
    q  Soprar globos.

    C/ Pronunciar rapidamente:
    -   la, la,..
    -   li, li...
    -   dili, dili, dili,...
    -   na,na,na,...
    -   tra, tra,....
    -   dra, dra....
    -   tra, tri, tro .


1 oct 2014

BOLSAS ACNEAE. Podedes atopar toda a información no seguinte enlace:

Ayudas para alumnos con necesidad específica de apoyo educativo (2014-2015).

 Podedes atopar toda a información no seguinte enlace:

https://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica.ht

BENVIDOS/AS

OLA A TODOS/AS!!.   BENVIDOS UN CURSO MÁIS!!

Este curso as liñas de actuación do Departamento de Orientación serán similares as que vimos realizando nos últimos cursos.


No curso pasado xa deixamos  no blog o díptico que repartimos ás familias acerca de quen somos, cales son as nosas funcións e como vos podemos atender (podedes velo nunha das entradas do ano 2013). 

Como novidade, a constitución do noso Departamento amplíase, para axustarnos máis á LOMCE. Así, agora o compoñen, ademáis das mestras especialistas en PT e AL e a orientadora, todos os titores de EP e a representante de EI. 

Xa sabedes, aquí estamos para aquilo que precisedes. 

Unha aperta.